IV Edición Feira do Libro Anarquista da Coruña
Máis de 20 postos na Feria de libros o sábado 12 e domingo 13, praza ds San Anfrés de 11h a 12. En caso de choiva será no Circo de Artesáis.
Máis de 20 postos na Feria de libros o sábado 12 e domingo 13, praza ds San Anfrés de 11h a 12. En caso de choiva será no Circo de Artesáis.
O centro social A Comuna acollerá a palestra do Grupo de Masculinidade de Compostela este xoves a partir das 20.00 horas
A Coruña, 17 de Febreiro 2016 – Rexeitamento do poder patriarcal, denuncia de todas as formas de violencia machista e recoñecemento de todas as diferentes identidades humanas. Esas son algunhas das propostas reflectidas no concepto de novas masculinidades. O Grupo de Masculinidade de Compostela, Micromachinhos, disertará sobre a súa propia procura destes valores e de cómo tomaron conciencia e se organizaron.
A Comuna apoia a artesanía facendo unha mostra o próximo domingo 20 de decembro
O Centro Social acollerá a diversos artesáns para que poidan amosar as súas creacións dende as 12.00 ata as 20.00 horas
A Coruña, 14 de Outubro de 2015.Onte denunciabamos a represión en forma de sancións administrativas a un compañeiro, e hoxe queremos lembrar uns feitos acontecidos hai unha semana que veñen amosar que a violencia institucional contra os movementos sociais, no canto de diminuír, parece que aumenta nos últimos tempos.
stopdesahuciosacoruna.- O noso compañeiro Nicanor afronta o próximo martes 13 de Outubro un xuízo no contencioso-administrativo contra as multas impostas pola Delegación do Goberno pola súa participación no intento de parar o desafiuzamento de Aurelia Rey en Febreiro de 2013. Tras anos de presentar recursos pola vía administrativa opoñéndose á sanción, este martes o xuíz resolverá o procedemento.
Catro persoas acumulan algo máis do 40% da contía total (14872 euros)
As identificacións dos sancionados non se fixeron in situ, o cal evidencia a existencia de “listas negras”
A Coruña, 28 de Febreiro de 2015.
Na última semana chegáronlle sancións administrativas de 450 €, con opción de abrir a vía penal, a varias persoas que participaron da concentración do 19 de Decembro de Elviña non se vende, á que nos sumamos como colectivo. As multas ás persoas manifestantes tras cada convocatoria estáse convertindo nunha desagradable tradición da Subdelegación de Goberno que, como observamos con tristeza, non é exclusiva da nosa cidade. En todo caso, negámonos a que se acepte como normal a represión da protesta. As forzas policiais que se mobilizan para calquera acto convocado polo noso colectivo chegarían a resultar paródicas de non haber de fondo a triste realidade da represión e a Lei Mordaza.
Masa Crítica Infantil, venres 5 de setembro.
Saída ás 20:00h na Praza de María Pita.
A mobilidade infantil é un dos mellores indicadores para avaliar a calidade da mobilidade en xeral dunha cidade. Na Coruña, a falta practicamente absoluta de medidas de calmado do tráfico produce unhas condicións pésimas para o desprazamento autónomo das nenas e nenos, así como para modalidades de acompañamento por parte de nais e pais en medios de transporte diferentes ao coche. Cabe destacar o rol determinante que xogan o medo e a percepción de riscos na mobilidade infantil, o coche estende o medo polo espazo público creando unha cidade insegura á que non podemos confiarlle as nosas fillas e fillos.
Na mañá de hoxe unhas corenta persoas desprazámonos á sucursal que o Banco Santander ten en Cambre para denunciar a presión á que están a someter a Sandra. Esta compañeira, que ten unha filla menor ao seu cargo, está a ser acosada telefonicamente polos "traballadores" desta sucursal ao non poder facer fronte a unha mensualidade da súa hipoteca debido a non ter traballo e vir de se lle rematar a prestación por desemprego, situación que ela mesma xa lle comunicara por escrito varias veces ao banco sen recibir resposta oficial algunha por parte da entidade.
Ás 7.30hrs. da mañá (31-06-14) de hoxe dous integrantes do STOP Desafiuzamentos A Coruña acompañaron á muller de 33 anos residente nos Mallos que se atopa en risco de ser desafiuzada xunto ca súa nai a unha reunión co concelleiro de Servizos Sociais. O motivo deste estraño horario foi, segundo nos dixeron onte, que Miguel Lorenzo tiña a axenda moi ocupada. Iso si, de repente deberon de cancelarlle ducias de compromisos, porque vinte minutos despois de que rematara a reunión connosco, baixou xunto co resto de traballadoras a tomar o café, que para almorzar si que é capaz de sacar un oco a horas máis razoábeis...
Nesta xuntanza, dunha hora aproximada de duración, puidemos comprobar como, logo de que pasara máis dun ano dende o caso de Aurelia Rey, e mesmo tras recoñecer o concelleiro de Servizos Sociais que sabe da sentencia emitida recentemente polo Tribunal Europeo de Dereitos Humanos sobre a obrigatoriedade institucional de proporcionar alternativas habitacionais a quenes están en risco de perder o seu fogar, a posición de Miguel Lorenzo segue a ser a mesma: rexeitar a posibilidade de xestionar unha vivenda a aquelas persoas que se acoden á concellaría comunicando que van ser desafiuzadas e teñen a rúa como única alternativa.
Ela vive ca súa nai nunha vivenda sen contrato –situación legalmente denominada “en precario”[1]- e, a pesares de estar enferma de fibromialxia, é a encargada de coidar á súa nai as 24 horas –diagnosticada de demencia e trastornos psiquiátricos, e cun 65% de minusvalía-, polo que, inda se se lle dera a improbábel circunstancia de atopar traballo, tampouco se podería incorporar ao mesmo, xa que a súa nai depende totalmente dela -como confirma un informe expedido pola área de neuroloxía do CHUAC fai apenas unhas semanas-. A día de hoxe ámbalas dúas sobreviven como poden coa pensión de discapacidade da nai (365'90 €/mes).
O 18 de febreiro do ano 2013 a cidade da Coruña demostrou que as redes comunitarias baseadas na solidariedade, conciencia, empatía e afectos son as armas máis fortes para facer fronte á "inxustiza lexislada". Naquel día, centos de persoas concentrámonos na rúa Padre Feijoo e freamos o desafiuzamento de Aurelia Rey.Mañá, xoves 10 de xullo, dúas compañeiras e un compañeiro serán xulgadas polo simple feito de terlles solicitado o número de placa a un policía que previamente lles pedira o seu número de DNI.No actual contexto de criminalización gubernamental da solidariedade e terxiversación capitalista dos valores humanos máis fundamentais, estas persoas foron acusadas dun "delito" consistente en “obstaculizar a rúa e o paso de vehículos”, sen que a día de hoxe se teña nin sequera concretado o tipo delictivo referido -malia a ter sido solicitado fai meses como “cuestión previa” por parte das avogadas das persoas afectadas-.
O colectivo STOP Desafiuzamentos A Coruña, en colaboración co #15M de Monte Alto, vimos de organizar unha xornada de formación sobre a Renda Básica das Iguais (RBis), é dicir, sobre o dereito de tódalas cidadás e cidadáns a recibir uns ingresos periódicos, que garantan as coberturas das nosas necesidades materiais independentemente de cal sexa a nosa situación dentro da esfera produtiva.
Esta formación será impartida por persoas integrantes da coordenadora de colectivos Baladre, e terá lugar mañá, venres 7 de febreiro, de 16.30h. a 20.30h. na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (R/ Olmos 16-18, A Coruña).