Micromachinhos falará da súa experiencia na procura de novas masculinidades dentro das Jornadas Feministas da Coruña

Solapas principales

viñetaO centro social A Comuna acollerá a palestra do Grupo de Masculinidade de Compostela este xoves a partir das 20.00 horas
 
A Coruña, 17 de Febreiro 2016 – Rexeitamento do poder patriarcal, denuncia de todas as formas de violencia machista e recoñecemento de todas as diferentes identidades humanas. Esas son algunhas das propostas reflectidas no concepto de novas masculinidades. O Grupo de Masculinidade de Compostela, Micromachinhos, disertará sobre a súa propia procura destes valores e de cómo tomaron conciencia e se organizaron.

A Charla comezará as 20.00 horas no Centro Social A Comuna (Verea do Polvorín, 35) e tratará de ser unha forma de difundir a experiencia do colectivo.r Micromachiños fará tamén un repaso as actividades dos seus últimos anos como a queima de gravatas do día Internacional contra a Violencia de Xénero a modo de exorcismo simbólico para contribuir a erradicar esta lacra. A súa experiencia parte nun primeiro momento de cómo os membros deste colectivo se decataron de cales eran os roles masculinos aceptados e asimilados na sociedade. Por este motivo un dos seus obxectivos é o autocoñecemento para poder certas barreiras que están enraizadas nos individuos.
 
Micromachiños: Grupo de Masculinidade de Compostela
Jornadas Feministas en Coruña
Día Xoves 18 de Febreiro de 2016
Hora 20:00 horas
Lugar Centro Social A Comuna (Verea do Polvorín, 35)

Etiquetas: