Mostra de artesanía na Comuna

Solapas principales

cartelA Comuna apoia a artesanía facendo unha mostra o próximo domingo 20 de decembro

O Centro Social acollerá a diversos artesáns para que poidan amosar as súas creacións dende as 12.00 ata as 20.00 horas

Un dos motivos polos cales xurdiu o Centro Social A Comuna foi para estreitar lazos e crear un proxecto de transformación comunitaria. Por esta razón, queremos convidar a todxs xs que o desexen a que se acheguen á primeira edición de Artesanía na Comuna. A Comuna vai acoller a diversas persoas que traballan coas súas mans para que poidan amosar o seu traballo. Durante este día X (aquí viría un número) artesás e artesáns exporán as súas creacións e como a xornada vai ser longa, imos substituír o Xantadoiro Popular de todos os meses por petiscos variados (tamén para veganos), música e moita animación.

Dende o Centro Social A Comuna queremos reivindicar os antigos mercados e postos nas rúas e prazas de Montealto e do resto da cidade, e fomentar que o consumo deste Nadal sexa responsable e de proximidade. Responsable porque non queremos encher os petos dos mesmos de sempre, aqueles que se aproveitan do traballo escravo ou da explotación; e de proximidade porque queremos beneficiar á xente da nosa contorna que ten creatividade e que ten a artesanía como a súa forma de vida.

Mostra de artesanía e petiscos
Día: Domingo 20 de Decembro de 2015
Hora: De 12.00 a 20.00 horas
Lugar: Centro Social A Comuna (Verea do Polvorín, 35), A Coruña

Para máis Información, contactade con: csacomuna@gmail.com

Etiquetas: