A tremebunda historia do IGVS e as 5.000 persoas por embaixo do limiar da pobreza agardando por unha vivenda
Fai pouco máis de dous meses faciamos público dende STOP Desafiuzamentos A Coruña a situación dunha compañeira de 33 anos enferma de fibromialxia que vive ca súa nai nunha vivenda sen contrato –situación legalmente denominada “en precario”[1]-, na zona dos Mallos, sendo esta compañeira a encargada de coidar á súa nai as 24hrs., xa que esta muller de 56 anos está diagnosticada de demencia e trastornos psiquiátricos, tendo recoñecido ademais un 65% de minusvalía.
Tras a chegada no mes de xullo dunha sentencia firme de desafiuzamento executábel en calquera momento, e logo da realización de tódolos trámites administrativos posíbeis [2], esta compañeira e dous membros de STOP Desafiuzamentos reuníronse o pasado 31 de xullo co concelleiro de Servizos Sociais da Coruña, Miguel Lorenzo, quen prantexou como única opción que se puxeran “a buscar unha vivenda barata” (os únicos ingresos destas compañeiras son 365'90 €/mes da pensión de minusvalía da nai), sen voltar comunicarse cas afectadas en ningún momento nos últimos dous meses.