Galiza

Nigunha persoa deportada! Nombres propios para denunciar la violencia de las deportaciones

Queremos dar nombres a quién se lucra con el negocio macabro de las deportacines y el control de fronteras. Air Nostrum, filial de Iberia, Viajes Barceló, Air Europa, Halcón Viajes y Viajes Ecuador, estas últimas integrantes de Globalia, propiedade de Juan Jose Hidalgo. Personaje conocido por operaciones empresariales opacas y subvenciones fraudulentas a vuelos insulares, apesar de que hasta hoy no se pudiera probar su responsabilidad.

II Semana Galega pola Renda Básica das Iguais. Ferramentas para unha vida digna

Un ano máis as xentes da ODS-Coia, Grupo de Axitación Social (GAS) e Baladre xuntamos forzas para reivindicar o dereito a vivir dignamente nunha semana de actividades por diferentes cidades galegas.

Malia os discursos que falan de recuperación, a realidade é teimuda e segue a amosarnos cada día como o empobrecemento e a precarización da vida van a máis. O agravamento da situación de exclusión na que xa vivían millares de persoas mesmo antes da irrupción da “crise”, a dificultade de cubrir necesidades básicas e a vulnerabilidade vital que atinxe a parcelas cada vez mais amplas da poboación son facilmente palpábeis para calquera que non estea de costas ao día a día á realidade.

Día global de acción sábado 10ou Vigo comercio en beneficio do pobo, non das multinacionais!!!!

cartelNon ao TTIP, CETA, TPP e TISA! Non á ditadura do capital!

Chamamento do Día de Acción Global:

"Comercio en beneficio do pobo, non das multinacionais"

Nós, as organizacións sociais, sindicais, campesiñas e activistas de base de ambas as beiras do Atlántico, opoñémonos ao TTIP, CETA, TPP e TiSA. Estes tratados comerciais conculcan a democracia e a soberanía dos pobos, ameazan os servizos públicos, os dereitos sociais e laborais, a protección ambiental, poñen en perigo a agricultura sostíbel e a soberanía alimentar, eliminan garantías e controis farmaceúticos, supoñen un atranco para a indispensábel transición enerxética e van na liña de continuar a nos impor un modelo de sociedade ao servizo dos intereses do capital e da explotación da maioría social.  Xs únicxs beneficiarixs destes acordos son as grandes empresas transnacionais e o capital financeiro e bancario.

16 e 17 xuño - Xornadas: Libros para transformar a realidade

Diversos colectivos da cidade organizamos o 16 e 17 de xuño as Xornadas: “Libros para transformar a realidade”. Coas presentacións dos dous libros convidamos a todas aquelas que pulan por desbordar o sistema capitalista a reflexionar en común, a dialogar, a crear formas de vida viables para toda a humanidade, para todo o planeta.

#ChequeSocial: el ayuntamiento de Vigo institucionaliza la caridad

En plena campaña electoral, o goberno municipal convoca o “Programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación 2015”, coñecido como “cheque social”.

Perante isto, non temos máis que denunciar, non só o momento da convocatoria, se non, sobre todo a miseria e ineficacia das Políticas Sociais que existen neste Concello e das que Caballero nunca fala. Falan os feitos destas políticas:

- Colapso do departamento: até dous meses de atraso por unha cita coa traballadora social, incumprimento de prazos de tramitación de axudas como a RISGA, etc.

- Peche do programa Sereos, o cal foi substituído por un autobús na zona de Jacinto Benavente que foi caer nas mans de Érguete.

Guía de axudas sociais. Información ao servizo das persoas!

La ODS-Coia empieza el 2015 con el estreno de una nueva herramienta a: Guía de axudas sociais. Información ao servizo das personas!

La podéis descargar en este enlace: http://odscoia.arkipelagos.net/sites/odscoia.arkipelagos.net/files/guia_axudas_sociais.pdf

Por el momento sólo en formato digital, pero en breve intentaremos tenerla en papel!

Dejamos introducción de la misma para que os hagáis una idea de lo que encontraréis en estas 27 páginas.

Las compas de Berri-Otxoak lo dicen así: infórmate, reúnete con otras personas y defiende los derechos sociales!

Concentracións nas 4 subdelegacións do Goberno contra a criminalización dos movementos sociais e a represión

IMG_9160Plataformas de Afectad@s pola Hipoteca e Colectivos Stop Desafiuzamentos de Galiza-. Cada vez somos máis as persoas que exercitamos o dereito á desobediencia civil contra as actuacións inxustas que ameazan todos os anos a miles de persoas con expulsalas pola forza da súa vivenda e botalas á rúa sen ofrecerlle ningunha alternativa habitacional, infrinxindo así claramente ó dereito de todas as persoas a unha vivenda digna, tal como ten recoñecido xa repetidamente o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

A Xunta manda inspectores aos domicilios dos perceptores da RISGA na procura de fraude

Above. Festival Asalto. ZaragozaA Xunta e o seu mundo ao revés, no que se desconfía das persoas empobrecidas e non das enriquecidas!

Nestes días varias persoas beneficiarias da RISGA recibiron no seus domicilios a inesperada visita dunha inspectora da Xunta. Sen previo aviso, unha funcionaria presentouse na vivenda dalgunhas delas, semella que escollidas ao chou, co fin de contrastar os datos recollidos nos seus expediente. Deste xeito a inspectora preguntaba e pedía documentación sobre aspectos tan diversos como: selado do paro, ingresos dos membros da unidade familiar, estado dos trámites de divorcio…

Escola Social de Verán, en movemento: Sempre en Paro, nunca PARADAS! en Vigo 24 de xullo

cartelXoves 24/07/14 en Coia (Vigo) Escola Social de Verán, en movemento: Sempre en Paro, nunca PARADAS!

Ao longo dos trinta anos de existencia do espazo de coordinación Baladre, as xentes que o conformamos sentimos a formación como algo central nas nosas formas de facer política. Formarnos entre iguais para comprender e actuar, compartir as nosas preocupacións e afondar nas análises sobre as nosas realidades.

Este verán, volveremos a por en marcha ese espazo autoxestionado de coñecemento mutuo, relación e reflexión para a acción social en forma de Caravana/Marcha. Entendendo que viaxar e pararnos a pé de rúa polos diferentes territorios onde día a día articulamos as nosas loitas anticapitalistas e antipatriarcais, que para moitas é unha experiencia vivencial sen igual. Desta volta, estaremos polo norte da península, enredando con xentes inquietas desde Barakaldo até o barrio de Coia, en Vigo, durante os días 20 ao 24 de xullo.

Acompañamento popular ás compañeiras xulgadas polo desafiuzamento de Aurelia Rey

cartelO 18 de febreiro do ano 2013 a cidade da Coruña demostrou que as redes comunitarias baseadas na solidariedade, conciencia, empatía e afectos son as armas máis fortes para facer fronte á "inxustiza lexislada". Naquel día, centos de persoas concentrámonos na rúa Padre Feijoo e freamos o desafiuzamento de Aurelia Rey.Mañá, xoves 10 de xullo, dúas compañeiras e un compañeiro serán xulgadas polo simple feito de terlles solicitado o número de placa a un policía que previamente lles pedira o seu número de DNI.No actual contexto de criminalización gubernamental da solidariedade e terxiversación capitalista dos valores humanos máis fundamentais, estas persoas foron acusadas dun "delito" consistente en “obstaculizar a rúa e o paso de vehículos”, sen que a día de hoxe se teña nin sequera concretado o tipo delictivo referido -malia a ter sido solicitado fai meses como “cuestión previa” por parte das avogadas das persoas afectadas-.

Páginas

Suscribirse a RSS - Galiza