Non ao TTIP, CETA, TPP e TISA! Non á ditadura do capital!
Chamamento do Día de Acción Global:
"Comercio en beneficio do pobo, non das multinacionais"
Nós, as organizacións sociais, sindicais, campesiñas e activistas de base de ambas as beiras do Atlántico, opoñémonos ao TTIP, CETA, TPP e TiSA. Estes tratados comerciais conculcan a democracia e a soberanía dos pobos, ameazan os servizos públicos, os dereitos sociais e laborais, a protección ambiental, poñen en perigo a agricultura sostíbel e a soberanía alimentar, eliminan garantías e controis farmaceúticos, supoñen un atranco para a indispensábel transición enerxética e van na liña de continuar a nos impor un modelo de sociedade ao servizo dos intereses do capital e da explotación da maioría social. Xs únicxs beneficiarixs destes acordos son as grandes empresas transnacionais e o capital financeiro e bancario.
En América do Norte, América Latina e o Pacífico a xente estase organizando para poñer fin ao asalto do imperialismo corporativo, que se agrava en gran medida polo Tratado Transpacífico (TPP) e outros tratados “comerciais” como o TTIP, o CETA e o TISA. O TPP está moi preto de pecharse e está sendo fortemente impulsado polas grandes multinacionais e xefes de Estado como Barack Obama. En xuño de 2015 Barack Obama apoiouse na maioría republicana do Senado e a Cámara de Representantes para aprobar o Fast Track ou vía rápida, que permite discutir e aprobar tratados xigantescos como o TPP, o TTIP e o TISA no Congreso (sen emendas, obstrucións e cun tempo limitado para o debate) tras anos de negociación secreta. Obama asinou rapidamente esta lei antidemocrática e agora está presionando para pechar o primeiro dos tres tratados, o TPP.
Do 10 ao 17 de outubro unámonos ás marchas e ás manifestacións masivas, e organicemos accións locais por toda Europa e América do Norte. Non ao TTIP, CETA, TPP e TiSA! Non á ditadura do capital!
Loitamos pola igualdade, os dereitos sociais e laborais, a defensa ambiental e a democracia real.
Únete a nós!!!
Máis Información sobre o evento
https://www.facebook.com/events/1689155374655395/
https://www.trade4people.org/
Máis infromación sobre o TTIP
Páxinas:
http://ecoarglobal.org/ttip/
http://nonaottip.96.lt/manifesto-da-campana/
Vídeos:
- Inicie sesión para comentar