Catro persoas acumulan algo máis do 40% da contía total (14872 euros)
As identificacións dos sancionados non se fixeron in situ, o cal evidencia a existencia de “listas negras”
A Coruña, 28 de Febreiro de 2015.
Na última semana chegáronlle sancións administrativas de 450 €, con opción de abrir a vía penal, a varias persoas que participaron da concentración do 19 de Decembro de Elviña non se vende, á que nos sumamos como colectivo. As multas ás persoas manifestantes tras cada convocatoria estáse convertindo nunha desagradable tradición da Subdelegación de Goberno que, como observamos con tristeza, non é exclusiva da nosa cidade. En todo caso, negámonos a que se acepte como normal a represión da protesta. As forzas policiais que se mobilizan para calquera acto convocado polo noso colectivo chegarían a resultar paródicas de non haber de fondo a triste realidade da represión e a Lei Mordaza.