STOP Desafiuzamentos

Balance do 2015 de Stop Desafiuzamentos A Coruña

logoA Coruña, 30 de decembro de 2015. Dende Stop Desafiuzamentos A Coruña non queremos deixar pasar a oportunidade de facer balance deste 2015 que tantas novidades (boas e malas) nos trouxo: a Lei Mordaza, a loita que continúa en Elviña, xuízos gañados e novas multas por loitar polos dereitos de todas.

Xuízo a un compañeiro do colectivo polo desafiuzamento de Aurelia Rey

 logostopdesahuciosacoruna.- O noso compañeiro Nicanor afronta o próximo martes 13 de Outubro un xuízo no contencioso-administrativo contra as multas impostas pola Delegación do Goberno pola súa participación no intento de parar o desafiuzamento de Aurelia Rey en Febreiro de 2013. Tras anos de presentar recursos pola vía administrativa opoñéndose á sanción, este martes o xuíz resolverá o procedemento.

Continúa a persecución económica a STOP Desafiuzamentos

fotoCatro persoas acumulan algo máis do 40% da contía total (14872 euros)

As identificacións dos sancionados non se fixeron in situ, o cal evidencia a existencia de “listas negras”

A Coruña, 28 de Febreiro de 2015.

Na última semana chegáronlle sancións administrativas de 450 €, con opción de abrir a vía penal, a varias persoas que participaron da concentración do 19 de Decembro de Elviña non se vende, á que nos sumamos como colectivo. As multas ás persoas manifestantes tras cada convocatoria estáse convertindo nunha desagradable tradición da Subdelegación de Goberno que, como observamos con tristeza, non é exclusiva da nosa cidade. En todo caso, negámonos a que se acepte como normal a represión da protesta. As forzas policiais que se mobilizan para calquera acto convocado polo noso colectivo chegarían a resultar paródicas de non haber de fondo a triste realidade da represión e a Lei Mordaza.

Concentracións nas 4 subdelegacións do Goberno contra a criminalización dos movementos sociais e a represión

IMG_9160Plataformas de Afectad@s pola Hipoteca e Colectivos Stop Desafiuzamentos de Galiza-. Cada vez somos máis as persoas que exercitamos o dereito á desobediencia civil contra as actuacións inxustas que ameazan todos os anos a miles de persoas con expulsalas pola forza da súa vivenda e botalas á rúa sen ofrecerlle ningunha alternativa habitacional, infrinxindo así claramente ó dereito de todas as persoas a unha vivenda digna, tal como ten recoñecido xa repetidamente o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

Festa e solidariedade contra a represión do Partido Popular: SÁBADO 4, dende as 23hrs. no Pub 14!

cartelFesta e solidariedade contra a represión do Partido Popular:

SÁBADO 4, dende as 23hrs. no Pub 14!

Moi boa tarde a todas e todos,

Fai unhas semanas recibimos en STOP Desafiuzamentos A Coruña unha proposta solidaria para axudar a facer fronte aos case 6.000 euros en multas cos que o Delegado do Goberno Samuel Juárez e o Subdelegado Jorge Atán teiman en coaccionarnos para que deixemos de denunciar publicamente a constante vulneración dos dereitos humanos e sociais perpetrada polo goberno do Partido Popular.

A tremebunda historia do IGVS e as 5.000 persoas por embaixo do limiar da pobreza agardando por unha vivenda

Stop DesahuciosFai pouco máis de dous meses faciamos público dende STOP Desafiuzamentos A Coruña a situación dunha compañeira de 33 anos enferma de fibromialxia que vive ca súa nai nunha vivenda sen contrato –situación legalmente denominada “en precario”[1]-, na zona dos Mallos, sendo esta compañeira a encargada de coidar á súa nai as 24hrs., xa que esta muller de 56 anos está diagnosticada de demencia e trastornos psiquiátricos, tendo recoñecido ademais un 65% de minusvalía.

Tras a chegada no mes de xullo dunha sentencia firme de desafiuzamento executábel en calquera momento, e logo da realización de tódolos trámites administrativos posíbeis [2], esta compañeira e dous membros de STOP Desafiuzamentos reuníronse o pasado 31 de xullo co concelleiro de Servizos Sociais da Coruña, Miguel Lorenzo, quen prantexou como única opción que se puxeran “a buscar unha vivenda barata” (os únicos ingresos destas compañeiras son 365'90 €/mes da pensión de minusvalía da nai), sen voltar comunicarse cas afectadas en ningún momento nos últimos dous meses.

Xulgarán por “alteración da orde pública” ao bombeiro que se negou a intervir no desafiuzamento de Aurelia Rey

fotoMoitos son os xestos de solidariedade individual e colectiva cos que a sociedade civil facemos fronte día a día á crise social iniciada no ano 2008 polas entidades financieiras en connivencia co poder político ao servizo das elites económicas.

Na loita concreta contra os desafiuzamentos, de entre todas estas accións, sen dúbida deuse na nosa cidade unha das que contou con máis recoñecemento e repercusión, tanto a nivel galego e estatal, como a nivel internacional: a negativa dun bombeiro a cortar a cadea que bloqueaba o portal de Aurelia Rey o 18 de febreiro do pasado ano 2013 na Coruña.

O Concello tenta o desaloxo forzoso das familias afectadas polo Parque Ofimático a golpe de decreto municipal

fotoPoucos foron os meses de tregua do Concello da Coruña no seu teimado acoso urbanístico ás familias que residen nos terreos do faraónico despilfarro do Parque Ofimático.

Fai menos de dúas semanas Álvaro, un dos veciños da marxe dereita da Avenida Alfonso Molina –dirección saída da Coruña-, recibiu unha notificación na que César de Jesús Otero Grille, Director Xeral de Urbanismo, lle comunicaba que viña de asinar un Decreto Directivo no que lle insta a desaloxar a súa casa xunto co seu fillo e a súa nai de 79 anos, indicándolles que, de non facelo voluntariamente, iniciaranse os procedementos pertinentes para forzalos a abandonar o seu fogar e demolerlles a casa. Xunto con Álvaro, en total recibiron esta notificación 5 familias, ubicándose as catro restantes na marxe esquerda.

Denunciamos o acoso do Banco Santander (Cambre) a unha muller en risco de desafiuzamento

fotoNa mañá de hoxe unhas corenta persoas desprazámonos á sucursal que o Banco Santander ten en Cambre para denunciar a presión á que están a someter a Sandra. Esta compañeira, que ten unha filla menor ao seu cargo,  está a ser acosada telefonicamente polos "traballadores" desta sucursal ao non poder facer fronte a unha mensualidade da súa hipoteca debido a non ter traballo e vir de se lle rematar a prestación por desemprego, situación que ela mesma xa lle comunicara por escrito varias veces ao banco sen recibir resposta oficial algunha por parte da entidade.

O concelleiro de Servizos Sociais da Coruña identifica como única solución para as dúas mulleres enfermas en risco de desafiuzamento que se poñan “a buscar unha vivenda barata”

fotoÁs 7.30hrs. da mañá (31-06-14) de hoxe dous integrantes do STOP Desafiuzamentos A Coruña  acompañaron á muller de 33 anos residente nos Mallos que se atopa en risco de ser desafiuzada xunto ca súa nai a unha reunión co concelleiro de Servizos Sociais. O motivo deste estraño horario foi, segundo nos dixeron onte, que Miguel Lorenzo tiña a axenda moi ocupada. Iso si, de repente deberon de cancelarlle ducias de compromisos, porque vinte minutos despois de que rematara a reunión connosco, baixou xunto co resto de traballadoras a tomar o café, que para almorzar si que é capaz de sacar un oco a horas máis razoábeis...

Nesta xuntanza, dunha hora aproximada de duración, puidemos comprobar como, logo de que pasara máis dun ano dende o caso de Aurelia Rey, e mesmo tras recoñecer o concelleiro de Servizos Sociais que sabe da sentencia emitida recentemente polo Tribunal Europeo de Dereitos Humanos sobre a obrigatoriedade institucional de proporcionar alternativas habitacionais a quenes están en risco de perder o seu fogar,  a posición de Miguel Lorenzo segue a ser a mesma: rexeitar a posibilidade de xestionar unha vivenda a aquelas persoas que se acoden á concellaría comunicando que van ser desafiuzadas e teñen a rúa  como única alternativa.

Alerta por posíbel caso de desafiuzamento na Coruña

fotoDende STOP Desafiuzamentos A Coruña queremos facer pública a situación dunha compañeira de trinta e tres anos que está en contacto connosco dende comezos de ano, e á que lle vén de chegar fai unhas semanas unha sentencia firme de desafiuzamento executábel en calquera momento.

Ela vive ca súa nai nunha vivenda sen contrato –situación legalmente denominada “en precario”[1]- e, a pesares de estar enferma de fibromialxia, é a encargada de coidar á súa nai as  24 horas –diagnosticada de demencia e trastornos psiquiátricos, e cun 65% de minusvalía-, polo que, inda se se lle dera a improbábel circunstancia de atopar traballo, tampouco se podería incorporar ao mesmo, xa que a súa nai depende totalmente dela -como confirma un informe expedido pola área de neuroloxía do CHUAC fai apenas unhas semanas-. A día de hoxe ámbalas dúas sobreviven como poden coa pensión de discapacidade da nai (365'90 €/mes).

Xornada de formación: Renda Básica das Iguais (RBis)

logotipoO colectivo STOP Desafiuzamentos A Coruña, en colaboración co #15M de Monte Alto, vimos de organizar unha xornada de formación sobre a Renda Básica das Iguais (RBis), é dicir, sobre o dereito de tódalas cidadás e cidadáns a recibir uns ingresos periódicos, que garantan as coberturas das nosas necesidades materiais independentemente de cal sexa a nosa situación dentro da esfera produtiva.

Esta formación será impartida por persoas integrantes da coordenadora de colectivos Baladre, e terá lugar mañá, venres 7 de febreiro, de 16.30h. a 20.30h. na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (R/ Olmos 16-18, A Coruña).

Suscribirse a RSS - STOP Desafiuzamentos