Dende STOP Desafiuzamentos A Coruña queremos facer pública a situación dunha compañeira de trinta e tres anos que está en contacto connosco dende comezos de ano, e á que lle vén de chegar fai unhas semanas unha sentencia firme de desafiuzamento executábel en calquera momento.Ela vive ca súa nai nunha vivenda sen contrato –situación legalmente denominada “en precario”[1]- e, a pesares de estar enferma de fibromialxia, é a encargada de coidar á súa nai as 24 horas –diagnosticada de demencia e trastornos psiquiátricos, e cun 65% de minusvalía-, polo que, inda se se lle dera a improbábel circunstancia de atopar traballo, tampouco se podería incorporar ao mesmo, xa que a súa nai depende totalmente dela -como confirma un informe expedido pola área de neuroloxía do CHUAC fai apenas unhas semanas-. A día de hoxe ámbalas dúas sobreviven como poden coa pensión de discapacidade da nai (365'90 €/mes).

Campaña #NoalTTIP.-