Poucos foron os meses de tregua do Concello da Coruña no seu teimado acoso urbanístico ás familias que residen nos terreos do faraónico despilfarro do Parque Ofimático.
Fai menos de dúas semanas Álvaro, un dos veciños da marxe dereita da Avenida Alfonso Molina –dirección saída da Coruña-, recibiu unha notificación na que César de Jesús Otero Grille, Director Xeral de Urbanismo, lle comunicaba que viña de asinar un Decreto Directivo no que lle insta a desaloxar a súa casa xunto co seu fillo e a súa nai de 79 anos, indicándolles que, de non facelo voluntariamente, iniciaranse os procedementos pertinentes para forzalos a abandonar o seu fogar e demolerlles a casa. Xunto con Álvaro, en total recibiron esta notificación 5 familias, ubicándose as catro restantes na marxe esquerda.

Introducción: una historia colectiva por la transformación social
redantimilitarista.-