Xornadas da Resistencia e a Represión. Vigo

cartelAs “Xornadas da Resistencia e a Represión” que terán lugar en Santiago, Redondela e Vigo organizadas por ECOAR))) dende o 16 ao 30 de xuño, buscan analizar distintas problemáticas e situacións derivadas das novas liñas de construción neocolonial que leva consigo a globalización nos nosos días. A violación de dereitos humanos e a opresión de comunidades que se dá nos diferentes territorios acompáñase da construción dunha cultura e un discurso baseados na xenofobia e o racismo que implica que millóns de persoas sufran cada día, situacións de violencia contra a súa persoa.

As diferentes voces que compoñen a estrutura das xornadas (Manuel Carvalho, Sivan, Rök, Juan Teixeira, Pablo González e Brigith Vasallo) pretenden achegarnos, ao tempo, diversos enfoques e solucións coas que se poden afrontar este tipo de situacións. A través da exposición de casos concretos veremos como se pode estruturar modelos de construción colectiva que permitan o exercicio, respecto e defensa dos dereitos tanto político-civís como económicos, sociais e culturais.
                                                                                                                                                                                                                                             
Nos seguintes enlaces tendes máis infomación sobre  cada unha das xornadas e xs poñentes das mesmas:

DIFUNDIDE!!! PARTICIPADE!!!
             #‎OlladasdeResistencia‬
‪             #‎OlladasRR

Etiquetas: