Durante catro venres de novembro de 2024, mulleres do programa "Calí" da Fundación Secretariado Xitano e alumnado do ciclo superior de Integración Social do colexio San José de la Guía uníronse nunha serie de xuntanzas cheas de emocións e aprendizaxes.
Nestes encontros improbables falamos ("adiqueramos" en caló) de diversos temas: historia, adolescencias, feminismo e moito máis. Cada sesión converteuse nun espazo para compartir experiencias, reflexionar e construír pontes entre realidades distintas.
Achegamos materiais que recollen o vivido durante estas festivas e inspiradoras xornadas.
Escuchar en Ivoox: https://www.ivoox.com/en/podcast-adiquerando-de_sq_f12489430_1.html