Concentración na rotonda de Coia baixo o lema: Velorio polos dereitos sociais

Solapas principales

A Asemblea Aberta de Coia convoca o MARTES 20 de xaneiro ás 19:00 unha CONCENTRACIÓN na ROTONDA de COIA baixo o lema: VELORIO POLOS DEREITOS SOCIAIS

 Os dereitos sociais están mortos! Mellor dito, os están a matar!

 Os matan acotío con recortes, privatizándoos, quitándolles orzamentos, deixándoos en mans da caridade...

 Nese asasinato colaboran todos: empresas, gobernos (central, Xunta e concellos), troika...

 No caso de Vigo, os cartos que din que non hai para políticas sociais, si que aparecen agora para chantar un barco nunha rotonda, para empresas amigas, para horas extras da policía...

 Por todo isto, velamos os nosos dereitos nunha rotonda, para obrigalos a falar:

 - do colapso do departamento de Benestar Social

 - dos atrasos na tramitación de axudas como a RISGA

 - dos meses de espera por unha cita coa traballadora social

 - das tensións que sofren as propias traballadoras sociais municipais

 - da insuficiencia dos orzamentos para políticas sociais

 - das denegacións inxustificadas das axudas de emerxencia

 - da miseria e precariedade na que vivimos unha gran parte desa cidade que eles din que fermosa e que nos precisamos xusta antes de falar de estética.

 NON PODE SER OS CARTOS NA ROTONDA E A XENTE SEN COMER!

 NIN CARTOS NA ROTONDA, NIN ESTADO POLICIAL!!

 19 de xaneiro de 2015

 Asemblea Aberta de Coia

Etiquetas: