18F - Concentración: #ParemosOBarco

Solapas principales

Segundo aparece hoxe na prensa, mañá MÉRCORES 18 será o día no que se realice o traslado do Bernardo Alfageme dende o Berbés até a rotonda de Coia.

Dende a Asamblea Aberta de Coia convocamos, mañá MÉRCORES 18, a toda a cidadanía a unha concentración ás 20:30 horas no peirao nº 4 de Beiramar (fronte ao auditorio Mar de Vigo) baixo o lema “PAREMOS O BARCO”.

Botádenos unha man espallando esta convocatoria e poñendo os vosos corpos para evitar que chanten o barco na rotonda!

Etiquetas: