28/04 - Ningún negocio coas nosas necesidades! Acto de entrega colectiva do Tícket Eléctrico
A ODS-Coia, a parroquia do “Cristo da Vitoria” e o Grupo de Axitación Social (G.A.S.) convocamos un ACTO de ENTREGA COLECTIVA do TÍCKET ELÉCTRICO da Xunta baixo o lema: “NINGÚN NEGOCIO COAS NOSAS NECESIDADES”. Será o MARTES 28 de abril a partires das 10:30 no DELEGACIÓN da XUNTA de GALICIA en VIGO (no edificio da Praza da Estrela na Consellería de Industria).