[Vigo] Jueves 15 - Presentación de la GUÍA de AXUDAS SOCIAIS

Solapas principales

O XOVES 15 de outubro PRESENTAMOS a GUIA de AXUDAS SOCIAIS. Información ao servizo das persoas! en VIGO. Será no C.S.O.A. A QUINTA da CARMIÑA (rúa do Carme 1) a partires das 19:30, nun acto que organizamos coa xente do G.A.S. ademais de co propio centro social.

A semana pasada contábamos que chegaban as caixas cos centos de guías. Agora comezamos outra etapa: espallar esta guía para que sirva de ferramenta na loita por conservar e ampliar os dereitos sociais para todas. Queremos que a lean, a reflexionen, a compartan... aquelas que padecen con máis dureza o empobrecemento na súa vida cotiá.

Colamos unhas letras da xente de Berri-Otxoak que empregamos de introducción da guía:

O empobrecemento, o desemprego, a precariedade, as pensións de miseria, a cesta da compra que non para de subir, a vivenda entendida como un ben de consumo, colócannos fronte a serias dificultades para atender as necesidades máis básicas. Isto fai que moitas persoas nos vexamos en graves problemas para cubrir os mínimos para a vida: alimentación, vivenda, saúde…

Estas situacións estannos obrigando, a moitas de nós, a acudir aos chamados “servizos sociais” na procura de axuda, solución ou, ás veces, dese milagre que precisamos para satisfacer as nosas necesidades básicas.

A realidade amosa que o que debería de ser un acceso seguro e transparente a un servizo público (como a sanidade ou a educación) convértese, de feito, nunha “carreira de obstáculos” onde desgraciadamente é preciso ir informada de antemán, coñecer os nosos dereitos, saber o que dicir e o que non se “permite” facer etc.

A continuación deixamos indicacións, consellos, pautas… que consideramos útiles para aquelas persoas que pensan acudir ou xa tiveron contacto co mundo dos servizos sociais.

Para nós esta guía é unha ferramenta máis coa que loitar polo dereito a unha vida digna para todas as persoas.

Etiquetas: