Apoio a Diego Lores do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg)

Solapas principales

logoColexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg).- Mañá martes 17 de xaneiro está previsto o comezo do xuízo ao activista vigués Diego Lores, que se enfronta a unha acusación de atentado á autoridade pola presunta agresión a un policía municipal con resultado de lesións durante as mobilizacións cidadás contra o traslado do barco Alfageme á rotonda de Coia en Vigo. A veciñanza expresaba con estas accións o seu total rexeitamento a esta obra, que supoñía un malgasto económico, mentres os servizos sociais do concello estaban colapsados e a tramitación de axudas sociais para a cobertura das necesidades máis básicas da cidadanía acumulaba retrasos inaceptables.

Dende o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) manifestamos o noso apoio a Diego Lores, como apoiamos a toda persoa que loite pola xustiza social e polos dereitos das persoas en situacións desfavorecidas.

Queremos unha sociedade baseada na xustiza social e na igualdade, que escoite á cidadanía e ao activismo social, e non unha sociedade que criminaliza e persegue ás persoas que defenden os dereitos sociais.

Por este motivo, sumámonos ao manifesto en apoio a Diego Lores da Asemblea Aberta de Coia e apoiamos as accións que se están a desenvolver pola reclamación da súa absolución.

Etiquetas: