Colabora con la reforma de la Vivienda de Gestión Comunitaria "Vila Margarita"

Imagen

Colabora aquí económicamente.

Escucha la cuña

Abajo en galego

Vila Margarita es una casa ubicada en la ciudad de A Coruña que ha sido gestionada de forma comunitaria durante años por personas vinculadas a Baladre Coordinación de Luchas contra el Empobrecimiento, la Precariedad y la Exclusión Social. Recibe este nombre porque fue el hogar de Margarita, una mujer comprometida con la justicia social, cuyo legado fue cedido a la gestión colectiva por la persona encargada de cuidarlo.

Desde 2020, una persona reside en la casa y se encarga de su cuidado y gestión. Durante este tiempo, la casa ha servido como refugio y alojamiento temporal u ocasional para personas con necesidades muy diversas (hogar de emergencia para una persona en situación de vulnerabilidad durante los meses de la pandemia, vivienda ocasional para personas sin alternativa habitacional, alojamiento para personas que lo necesitaban intermitentemente por motivos laborales, lugar de descanso y resiliencia para quienes lo precisaron, entre otros). Actualmente, dos personas viven allí de forma estable: la mujer que se viene encargando de la gestión del proyecto y otra persona que está en un proceso de migración y comenzando a establecerse en Galiza. De forma colectiva y autogestionada, se han realizado diversas mejoras en la vivienda, ya que fue construida en los años 50, y requería reformas para mayor comodidad y seguridad. Se puso una nueva instalación de gas, una caldera, se impermeabilizó una terraza, se colaboró en la reparación del tejado, se reubicaron algunos electrodomésticos dañados y se reparó parcialmente una tercera habitación que cumplirá las mismas funciones que se le han venido dando al proyecto.

Actualmente, entre otras pequeñas mejoras, es necesario arreglar una de las partes más importantes de la casa, que aún no hemos podido prácticamente abordar: la cocina. Es necesario unificar la pared, retirar e instalar azulejos nuevos, colocar una encimera y un fregadero nuevos, mobiliario funcional y revisar y hacer las modificaciones precisas de la instalación eléctrica, Hemos calculado un coste aproximado de 4500 €.

Otras mejoras serían: revisión completa de la instalación eléctrica y acondicionar el tercer dormitorio (instalación de una puerta y aislamiento contra el frío y la humedad). Hemos calculado un presupuesto de unos 1500 € para esto.

En total, esperamos que 6000 euros sean suficientes para las nuevas reformas. Si sobrase, se destinaría a un pequeño fondo para imprevistos y situaciones derivadas del uso de la casa (gastos de mantenimiento para personas con dificultades económicas, ajuste de facturas, etc.).

Agradecemos enormemente cualquier contribución a este proyecto pequeño pero que consideramos honesto y valioso por su dimensión social y humana.

Nos comprometemos a informar del proceso y subir las fotos del resultado final; ya tenéis las fotos del antes. Muchas gracias por leer, compartir o contribuir.

 

Galego

 

Vila Margarita é unha vivenda ubicada na cidade da Coruña que se xestiona de xeito comunitario desde fai anos por xente vinculada a Baladre Coordenación de Loitas contra o Empobrecemento, a Precariedade e a Exclusión Social. Leva este nome porque foi o fogar de Margarita, unha muller comprometida coa xustiza social, cuxo legado foi posto a disposición da xestión colectiva pola persoa encargada de coidalo.

Desde o 2020 unha persoa reside e encárgase de coidar de xeito estable e xestionar esta vivenda, que serviu ao longo deste tempo de refuxio e vivenda temporal ou puntual de persoas cubrindo necesidades moi diversas (fogar emerxencial para unha persoa en situación de vulnerabilidade durante os meses da pandemia, teito puntual para persoas sen alternativa habitacional, teito para persoas que o precisaban de xeito intermitente por motivos laborais, lugar de descanso e resiliencia para quen o precisou, entre outros). Actualmente viven dúas persoas de forma estable: a muller que vén facéndose cargo do proxecto e outra persoa que está nun proceso migratorio comezando a establecer a súa vida en Galiza.

De xeito colectivo e autoxestionado foron dándoselle diversas melloras, xa que é unha vivenda construída nos anos 50 que tivo que ser reformada por comodidade e tamén por seguridade. Así, colocouse unha nova instalación de gas, unha caldeira, impermeabilizouse unha terraza, colaborouse na reparación do tellado, mudaronse algúns electrodomésticos danados e reparouse parcialmente un terceiro cuarto que servirá para os mesmos usos que se lle veñen dando.

Actualmente, precisamos entre outras melloras menores, facer o arranxo dunha das partes máis importantes da casa á que aínda non lle puidemos practicamente tocar: a cociña. Precisamos reparar e unificar a parede, retirar e colocar azulexo, poñer encimera e fregadeiro novos, mobles funcionais, e revisar e modificar e facer as modificacións precisas da instalación eléctrica. Calculamos para isto un fondo aproximado de 4500€.

Outras melloras serían: revisión do resto da instalación eléctrica da vivenda e remate da habilitación do terceiro cuarto (colocación dunha porta e aillamento do frío e humidades). Calculamos para isto un fondo duns 1500 €.

En total, agardamos que 6000 euros cheguen para os novos arranxos. Se sobrase, irían a un pequeno fondo para imprevistos e para situacións derivadas do uso da vivenda (gastos de manutención de persoas que non poden asumir, axuste de facturas etc).

Agradecemos enormemente cada aportación a este proxecto pequeno mais que consideramos honesto e importante na súa dimensión social e humana.

Comprometémonos informar do proceso e a subir as fotos do despois, as do antes xa as tedes. Moitas grazas por lernos, difundir ou contribuír.

Etiquetas: