Vídeo y crónica del taller "Contra a pobreza enerxética, alternativas e dereitos"
Facía tempo que seguiamos, de lonxe, o traballo da Alianza Contra a Pobreza Enerxética. Co obxectivo de coñecer mellor a loita desta plataforma convidamos a María Campuzano (APE e Enxeñería Sen Fronteiras) para falar sobre pobreza enerxética e loitas en contra dos grandes oligopolios que controlan a enerxía.

O venres 23 de febreiro a xente de Baladre (Coordinación de loitas contra o paro, o desemprego e a exclusión social) organizamos unha palestra baixo o título: “Contra a pobreza enerxética: alternativas e dereitos”. Será na Casa do Matadoiro (Compostela) a partires das 20:30.