Entrevista Manolo Saéz Bayona en Galiza Ano Cero
Os dejamos la entrevista que Galiza Ano Cero hizo al compa de Baladre, Manolo Sáez Bayona.
Así lo presentan: Manolo Sáez Bayona (1954), nado en A Coruña pero desde hai anos en movemento polas estradas do Estado, ás veces cruzando tamén o Atlántico para percorrer terras americanas.Traballador social de título, pero sobre todo persoa inquieta que desde hai máis de trinta anos participa en Baladre, na coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social. Formador, locutor de radio, escritor... pero sobre todo “coidador” de persoas e procesos que desde abaixo pulan por posibilitar a vida en medio do capitalismo. Unha das ferramentas que as baladrinas como Manolo levan no saco para tentar parir outros mundos é a Renda Básica das iguais.