Axudas de Emerxencia Social do Concello de Vigo. Infórmate para esixir os dereitos sociais!
As compas de Berri-Otxoak o din así: Infórmate, reúnete con outras persoas e defende os dereitos sociais!
Estes camiños tratamos de andar, e semella que o tempo de loita na rúa, nos despachos, nos rexistros presentando escritos... deron froitos. Nos últimos meses denunciamos a opacidade na xestión das axudas emerxencia municipais (AEM), a ausencia dun protocolo que respectara o procedemento administrativo legalmente establecido. Problemas que nos deixaban nunha situación de indefensión ante unha administración xorda ante a realidade social que viven as persoas.