Venres 18 - Acto: Rescatemos ás persoas, non aos aparcadoiros

cartelA ODS-Coia e o G.A.S. convocamos o VENRES 18 de setembro un ACTO baixo o lema: RESCATEMOS ás PERSOAS, NON aos APARCADOIROS. Será no aparcadoiro de Castelao (cruce avda. Castelao coa rúa Dr. Darío Durán) a partires das 11:30.

Recentemente saía na prensa que o Concello de Vigo ía destinar un total de 6,4 millóns de euros aos aparcadoiros da avenida de Castelao e da rúa Jenaro de la Fuente.

A Xunta de Goberno Local do 25/06/2015 aprobou unha “compensación económica” a favor de empresa adxudicataria da concesión dos aparcadoiros, “Cocheras Olívicas de Puentes S.A.”, presuntamente para manter o equilibrio económico da concesión, e que supón o pago de 1.600.000 anuais a aboar entre os anos 2016 e 2019.

Parécenos intolerable que un Concello cun departamento de Benestar Social colapsado por falla de persoal, que non atende as necesidades máis básicas das persoas, que restrinxe as axudas económicas cada vez máis, e que regatea cos cartos públicos nas situacións de precariedade e pobreza, destine semellante cantidade de cartos para “rescatar” a unha empresa.

A mercantilización dos espazos públicos, a xestión empresarial dos concellos facendo de promotores de negocios ruinosos (disfrazados de aparcadoiros públicos), traen como consecuencia que se deban cartos e favores as empresas, mentres a cidadanía é a que sofre e acaba pagando débedas “ilexítimas”. Neste caso iniciadas con Porro e aplaudidas por Caballero, a nefasta xestión deste Concello, fai que mentres que ás veciñas se nos obriga a agardar meses por unha axuda de emerxencia social, unha empresa privada vaia recibir máis de 16 veces o presuposto municipal anual para ese tipo de axudas.

+info: http://odscoia.arkipelagos.net/content/1809-%E2%80%93-acto-rescatemos-%C3%A1s-persoas-non-aos-aparcadoiros

Etiquetas: