[Galiza] Dos días en Vilán creando VIDA en común

Solapas principales

A principios de agosto gente de la ODS-Coia y de la parroquia del Cristo de la Victoria de Coia marchamos a una que esta última tiene a unos 45 minutos de Vigo en Vilán. La idea era acabar el curso de movilizaciones disfrutando del entorno y de la compañía. El sábado pasó el día Manolo con nosotros y entre todas hablamos sobre el camino en el que andamos metidas... Manolo nos comentó que mandaramos una crónica de esos dos días para animar a otras baladrinas a experimentar este tipo de encuentros. Os dejamos la crónica en galego para que leais cómo nos fueron esos dos días:

Para pechar o curso a xente da ODS-Coia e da parroquia do Cristo da Victoria marchamos a casa de Vilán (Fornelos de Montes) para pasar dous días de encontro e aproveitar o tempo, o espazo e a boa compañía.

Ao redor de marzo moitas que individualmente tiveran algún contacto coa ODS-Coia ou coa parroquia comezaron a acudir as asembleas que os martes ás 17h00 tiñamos cunha periodicidade de máis/menos cada quince días. Nesas reunións, nas que dende o comezo contamos coa participación das compas da PAH, foron saíndo situacións que amputaban o dereito de todas a unha vida digna: insuficiente protección social, cortes de subministracións básicas (luz, auga, gas), desemprego... De modo natural fomos atopando nese espazo os apoios e as forzas necesarias para ir entendendo a vida desde a dignidade, o apoio mutuo, a necesidade das relacións, a esixencia radical dos dereitos básicos...

Con todo isto lanzámonos a esixir colectivamente os nosos dereitos logo de moitos intercambios, nos cales manifestábase que os poderes non querían facer concesións nin sequera naquilo máis sinxelo. Moitas actividades fixemos nestes meses -charlas, reunións, actos de rúa, recollida de sinaturas...- aínda que tal vez a máis sonada foi a campaña “Vivir dignamente é un dereito”.

Decatámonos que con moitas caras estiveramos compartindo loitas, reflexións e experiencias; é o mellor era que estabamos a sentir felicidade neste andar. Como peche de curso decidimos coller as mochilas e marcharmos a pasar dous días, algo máis de 30 persoas entre pequenos e maiores, á casa que a parroquia ten en Vilán.

Non fixemos nada complicado, pero si necesario: observar como xogaban os cativos, comer sardiñas, tomar un baño no río, gozar da natureza, ter unha longa sobremesa, etc. Iso si tamén aproveitamos a presenza en Galiza de Manolo S. Bayona de Baladre para que animara, o sábado antes do xantar, unha reflexión sobre o feito nestes nestes meses e as posibilidades que temos por diante. Falamos da ILP pola Renda Básica, das necesidades de formación e de relación con outras, da felicidade que da entender a vida en común... e de moito máis.

Pois nada vémonos en setembro tendo ben clariño que xuntas si se pode.

Fuente: http://odscoia.arkipelagos.net/content/dous-d%C3%ADas-en-vil%C3%A1n-crea...

Etiquetas: