Concentración: Non máis montaxes policiais. Pola absolución de Diego!

Solapas principales

Concentración: Non máis montaxes policiais. Pola absolución de Diego! Mércores 5 de outubro, ás 11:00 nas portas dos xulgados de Vigo.

Con ocasión da conclusión da Instrución no caso do compañeiro da Asemblea, Diego, facemos unha concentración na porta dos Xulgados, para facer pública a acusación á que se enfronta.

A acusación particular, o policía denunciante, solicita para Diego unha PENA DE 3 ANOS E MEDIO DE PRISIÓN, pola suposta comisión dun delito de atentado e outro de lesións a este axente, así como o pago dunha responsabilidade civil (INDEMNIZACIÓN) de 30.355 €.

Porén o MINISTERIO FISCAL, logo de practicadas as dilixencias de investigación, e escoitadas as declaracións dos axentes e das testemuñas, considera que non existen indicios suficientes para sustentar unha acusación contra Diego, e polo mesmo, SOLICITA A SÚA LIBRE ABSOLUCIÓN.

Ante isto, comezamos con esta concentración, cunha serie de accións para amosar a nosa solidariedade non só con Diego, senón con todas aquelas persoas que son vítimas da represión policial e xudicial por denunciar na rúa e loitar pola xustiza social e os dereitos de todas.

Etiquetas: