Charla: "Contra la pobreza energética, alternativas y derechos" con María Campuzano

Solapas principales

O venres 23 de febreiro a xente de Baladre (Coordinación de loitas contra o paro, o desemprego e a exclusión social) organizamos unha palestra baixo o título: “Contra a pobreza enerxética: alternativas e dereitos”. Será na Casa do Matadoiro (Compostela) a partires das 20:30.

Nela contaremos cunha compañeira chegada dende Catalunya: María Campuzano, membra da Alianza Contra a Pobreza Enerxética e Enxeñaría Sen Fronteiras.

María Campuzano achegará o traballo da Alianza Contra a Pobreza Enerxética, movemento que vén de facer 4 anos en loita por rabuñarlle ao capital dereitos básicos como ter luz, auga ou gas. Na actualidade estas necesidades básicas están controladas por grandes empresas que “cortan” dereitos básicos a unha parte moi importante (os datos falan que a pobreza enerxética afecta ao redor do 15% da poboación).

Etiquetas: