#AugaParaTodas

fotoA auga é un dereito básico. O acceso a este servizo non debería estar en mans de empresas privadas, que fan negocio mentres a administración se desentende e non se garante que persoas sen recursos vivan situacións terribeis como a do corte deste subministro.

Na reportaxe falamos con afectadas polos cortes de auga en Vigo, coa Oficina de Dereitos Sociais de Coia, e escoitaremos tamén aos responsábeis da empresa Aqualia, que xestiona o acceso ao dereito básico da auga no concello de Vigo.

Queremos escoitar outras voces, visibilizar o que acontece na cidade de Vigo, onde os dinosetos sairon gratis porque foi Aqualia quen os pagou, ademais de se facer cargo de humanizacións de ruas, e onde non existe un protocolo para aquelas persoas que non poden pagar as facturas da auga.

#Augaparatodas porque é un dereito, un ben común, e porque queremos que rematen os cortes de auga.

Etiquetas: