Acompañamento popular ás compañeiras xulgadas polo desafiuzamento de Aurelia Rey

cartelO 18 de febreiro do ano 2013 a cidade da Coruña demostrou que as redes comunitarias baseadas na solidariedade, conciencia, empatía e afectos son as armas máis fortes para facer fronte á "inxustiza lexislada". Naquel día, centos de persoas concentrámonos na rúa Padre Feijoo e freamos o desafiuzamento de Aurelia Rey.Mañá, xoves 10 de xullo, dúas compañeiras e un compañeiro serán xulgadas polo simple feito de terlles solicitado o número de placa a un policía que previamente lles pedira o seu número de DNI.No actual contexto de criminalización gubernamental da solidariedade e terxiversación capitalista dos valores humanos máis fundamentais, estas persoas foron acusadas dun "delito" consistente en “obstaculizar a rúa e o paso de vehículos”, sen que a día de hoxe se teña nin sequera concretado o tipo delictivo referido -malia a ter sido solicitado fai meses como “cuestión previa” por parte das avogadas das persoas afectadas-.

Para denunciar esta situación de abuso, visibilizar a represión á que nos teñen sometidas e arroupar a estas compañeiras, concentrarémonos mañá a partir das 09:30hrs. diante dos xulgados da Praza Monforte (A Coruña). Porque se tocan a unha, tòcannos a todas.

Asemade, o vindeiro SÁBADO 12 de XULLO animamos a toda a cidadanía a participar na manifestación que partirá ás 20.00hrs. dende a Praza de María Pita baixo o lema REPRÍMENNOS A NÓS PARA ASUSTARTE A TI, convocada co obxectivo de visibilizar a violencia represiva que o Partido Popular está a empregar contra as persoas e colectivos que denunciamos publicamente a destrución dos máis elementais dereitos humanos e sociais que está a executar o goberno do Estado.


Manifestación REPRÍMENNOS A NÓS PARA ASUSTARTE A TI

     

Sábado

12

xullo

 

20.00hrs.

Praza de María Pita

(A Coruña)

Moitas grazas pola vosa atención

STOP Desafiuzamentos A Coruña.

@desahuciocoruna
Blog: stopdesahuciosacoruna.blogspot.com
Facebook

Etiquetas: