ODS-Coia

#ChequeSocial: el ayuntamiento de Vigo institucionaliza la caridad

En plena campaña electoral, o goberno municipal convoca o “Programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación 2015”, coñecido como “cheque social”.

Perante isto, non temos máis que denunciar, non só o momento da convocatoria, se non, sobre todo a miseria e ineficacia das Políticas Sociais que existen neste Concello e das que Caballero nunca fala. Falan os feitos destas políticas:

- Colapso do departamento: até dous meses de atraso por unha cita coa traballadora social, incumprimento de prazos de tramitación de axudas como a RISGA, etc.

- Peche do programa Sereos, o cal foi substituído por un autobús na zona de Jacinto Benavente que foi caer nas mans de Érguete.

28/04 - Ningún negocio coas nosas necesidades! Acto de entrega colectiva do Tícket Eléctrico

cartelA ODS-Coia, a parroquia do “Cristo da Vitoria” e o Grupo de Axitación Social (G.A.S.) convocamos un ACTO de ENTREGA COLECTIVA do TÍCKET ELÉCTRICO da Xunta baixo o lema: “NINGÚN NEGOCIO COAS NOSAS NECESIDADES”. Será o MARTES 28 de abril a partires das 10:30 no DELEGACIÓN da XUNTA de GALICIA en VIGO (no edificio da Praza da Estrela na Consellería de Industria).

Miércoles 18 - Concentración: Frente a la limosna de las ayudas del Concello, exigimos derechos sociales!

O vindeiro mércores 18 de febreiro, ás 10h00 celebrarase un novo xuízo contra o Departamento de Benestar Social do Concello de Vigo, iniciado por unha compañeira da ODS-Coia, en reclamación contra a resolución pola que se lle denega unha Axuda de Emerxencia Municipal (AEM) para débedas de subministración (luz e gas). En apoio desta compañeira, a ODS-Coia, a parroquia "Cristo da Vitoria" e G.A.S. convocamos unha concentración de apoio nas portas dos propios xulgados (r/Lalín, Vigo) a partires das 9:30 da mañá baixo o lema: Fronte á esmola das axudas do Concello, esiximos dereitos sociais!

Trátase do segundo xuízo contra este departamento pola cuestión das AEM, o pasado 29 de xaneiro celebrouse a vista na que unha compañeira demandaba ao concello pola denegación de dúas AEM. Até o momento non foi comunicada unha sentenza que agardamos con esperanza.

A solicitude denegada foi presentada o 02/07/2014 e o 14/11/2014 ditouse resolución denegando a mesma por dous motivos

Juicio al Concello de Vigo por el desastre de las #AxudasEmerxenciaMunicipais

Chegamos ao xulgado, a onde queríamos. O 29 de xaneiro de 2015 celebrouse o primeiro xuízo, no Xulgado do Contencioso nº 1 de Vigo, contra o departamento de Benestar Social do Concello de Vigo por mor das Axudas de Emerxencia Social (AEM). Bea, compañeira da ODS-Coia, demandou ao Concello da cidade pola denegación de dúas AEM.

Crónica rápida de la tarde ayer en Vigo #NONaoBARCOnaROTONDAdeCOIA

fotoGran rueda de prensa en la parroquia! La imagen muy potente con la carga simbólica de hacerla en la iglesia y con la cantidad de gente diversa acompañando.

Después hicimos asamblea muy numerosa en la que decidimos subir a la rotonda. En la rotonda, había por lo menos 30 policías locales, del tipo "antidisturbios" tanto dentro como rodeandola

Guía de axudas sociais. Información ao servizo das persoas!

La ODS-Coia empieza el 2015 con el estreno de una nueva herramienta a: Guía de axudas sociais. Información ao servizo das personas!

La podéis descargar en este enlace: http://odscoia.arkipelagos.net/sites/odscoia.arkipelagos.net/files/guia_axudas_sociais.pdf

Por el momento sólo en formato digital, pero en breve intentaremos tenerla en papel!

Dejamos introducción de la misma para que os hagáis una idea de lo que encontraréis en estas 27 páginas.

Las compas de Berri-Otxoak lo dicen así: infórmate, reúnete con otras personas y defiende los derechos sociales!

Crónica de la concentración en la Xunta denunciando las discriminaciones a las personas migrantes en el acceso a la RISGA

Ningunha persoa sen dereitos! Foi un dos berros máis repetidos esta mañá na concentración ás portas da delegación da Xunta de Galiza en Vigo.

Con este acto convocado polo Foro Galego de Inmigración, a Oficina de Dereitos Sociais de Coia e o Grupo de Axitación Social queriamos denunciar a discriminación que sofren as persoas migrantes comunitarias no acceso á RISGA.

As restricións e as vulneracións de dereitos ás que están sometidas as persoas migrantes van moito mais alá das actuacións que de cando en vez saltan á primeira plana dos medios de comunicación: devolucións en quente, redadas, deportacións masivas... No labirinto institucional e burocrático tamén atopamos múltiplas fronteiras e altas doses de racismo e xenofobia.

Crónica de la recogida de firmas de la ILP por la Renta Básica en Coia

Hoxe volvemos a sacar as mesas, os pregos á rúa para continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica.

Diante do Alcampo de Coia estivemos as xentes da ODS-Coia, da parroquia do Cristo da Vitoria e do GAS de 10h00 a 13h00 recollendo ducias de sinaturas nunha mañá na que o tempo de outono respectou a nosa presenza.

A Xunta manda inspectores aos domicilios dos perceptores da RISGA na procura de fraude

Above. Festival Asalto. ZaragozaA Xunta e o seu mundo ao revés, no que se desconfía das persoas empobrecidas e non das enriquecidas!

Nestes días varias persoas beneficiarias da RISGA recibiron no seus domicilios a inesperada visita dunha inspectora da Xunta. Sen previo aviso, unha funcionaria presentouse na vivenda dalgunhas delas, semella que escollidas ao chou, co fin de contrastar os datos recollidos nos seus expediente. Deste xeito a inspectora preguntaba e pedía documentación sobre aspectos tan diversos como: selado do paro, ingresos dos membros da unidade familiar, estado dos trámites de divorcio…

VENRES 17 - No renomeado "Día contra a Riqueza" lanzamos a campaña galega: “Da RISGA á RBis”

cartelVolvemos ás rúas para celebrar o 17 de outubro, data que rebautizamos o ano pasado como "Día contra a riqueza". A Oficina de Dereitos Sociais de Coia, a Parroquia Cristo da Vitoria, o Grupo de Axitación Social (GAS) e as xentes de Baladre aproveitamos este día para denunciar, unha vez máis, que o capitalismo é o responsable da desigualdade, da inxustiza, da pobreza... que padecemos cada día máis persoas.

Colectivos exigen derechos sociales delante del Concello de Vigo

fotoConvocados pola "Asemblea de Movementos Sociais de Vigo" varios colectivos e persoas da cidade -ás que hai que engadir as xentes de Baladre que pechaban unha semana de marchas polo norte peninsular- concentrámonos diante do concello para esixir dereitos sociais para todas as persoas.

No acto aproveitamos para renomear como "Praza dos Dereitos Sociais" a antes coñecida como "Praza do Rei" e tamén para entregar no rexistro do concello a seguinte:

Carta cidadá de mínimos nas políticas de Benestar Social

Os colectivos abaixo asinantes queremos denunciar a situación de total indefensión e precariedade na que as institucións públicas deixan a unha poboación cada vez máis empobrecida, vítima dun sistema económico excluínte que impide que dispoña do imprescindible para vivir con dignidade.

Fronte á realidade de terrible inxustiza social que está a padecer a cidadanía, o Concello de Vigo e a Xunta de Galicia despregan unhas políticas sociais absolutamente miserables e ineficaces, tanto no seu deseño como na aplicación, sempre sen orzamentos.

4/07 - Mesa de recoglida de firmas de la ILP por la Renta Básica delante del MARCO

O venres 4 de xullo volvemos á rúa para continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. O lugar escollido para poñer a mesa é a rúa do Príncipe, diante das escaleiras do MARCO.

Dende as 18:00 ata as 20:00 a xente da ODS-Coia, do G.A.S. e da parroquia do Cristo da Victoria estaremos recollendo sinaturas e ofrecendo información sobre esta ILP que busca garantir o dereito a vivir con dignidade para todas as persoas.

Lunes 30: Asamblea abierta de información y denuncia de las Políticas Sociales

A ODS-Coia, a parroquia do Cristo da Victoria e o G.A.S. convocamos unha Asemblea aberta de información e denuncia das Políticas Sociais, o luns 30 de xuño a partires das 20:00 no salón de actos da parroquia do Cristo da Victoria (r/Baiona 9, Coia - Vigo). Achegamos o texto da convocatoria:

Non podemos seguir a consentir a situación de total indefensión e precariedade na que as institucións públicas deixan a unha poboación cada vez máis empobrecida, vítima dun sistema económico excluínte que impide que dispoña do imprescindible para vivir con dignidade.

Páginas

Suscribirse a RSS - ODS-Coia